José Ramón Fidalgo

Saindo a rua

Mary Carmen Calviño, coruñesa de feito e lalinesa de nacemento, pintora xa de xoven, arte pola cual sinte inquedanza. Trasladase ca sua nai a vivir na Coruña recibindo enton clases e escomenza a practicar a sua arte con mais intensidade. No ano oitenta empeza a levar a sua obra as galerias de arte e aos pobos, na actualidade comparte a sua laboura artística ca de ama de casa ademais de impartir clases de arte en Vidrio-Arte da Coruña.

Hoxe en día esta exponiendo ate o vindeiro cinco de xaneiro na sala que para iste fin ten a casa da Xuventude de Carballo e Das vintecatro obras expostas a que mais me chama a atención e a imaxen e semellanza das fiandeiras de Bergantiños, pintada polo gran maestre de arte Sotomayor (recentmente recordado pola revista "A Regueifa" da A.C. Lumieira de Carballo), as que pintaba na sua casa do lugar de Sergude alá en Xornes (Ponteceso) nas vacacions estibáis. Tamén destacaría os seus recantos da nosa bisbarra. O río Anllóns ao seu paso polo xuncal pequeño onde en tempos pasados Sarmiento nos seus viaxes a Galicia, a casa dos Pondales; as barquiñas de ribeira Cabana, pintura que reflexa isas barquiñas que estan de cotio no mismo sitio, calmosas e sin mece-las as olas, e ainda toca outros temas e fai-se e fai-nos lembrar os mais belos ricons da nosa Galicia. Pinta cabazos, pontes e detalles do povo de Arnuiz en Ourense, as furnas de Mera, o mar bravío da costa coruñesa e a calma da ribeira muradana; a grandeza de Caaveiro que fai-nos recordar que os mosteiros estaban feitos en lugares onde o entorno invita a meditación, e pra rematar a aldea, pintura que me comentaba era sua primeira experiencia no tema, pintar con polvo de mármol, pra darlle unha tonalidade mmais viva e real as casas da aldea deste lienzo.

Mary Carmen Calviño e unha pintora que fai-se día a día, que traballa e disfruta ca sua arte e isto o demostra o feito de que a sua mayor interés é que a senté do povo conexa a sua obra quedando en segundo término o interés cremástico do seu traballo